O programa Socioeducativo e de Apoio Familiar atendeu a 167 familias no mes de xullo
Abel Caballero deu conta esta mañá de que no que vai de ano, o Concello “atendeu a 532 usuarios, dos que 236 son menores”. O ente municipal destina 829.000€ ao desenvolvemento do programa.
O alcalde fixo balance esta mañá do programa Socioeducativo e de Apoio Familiar, que no mes de xullo atendeu a 167 familias. O 47,1% son familias monoparentais femeninas, destacando 116 intervencións en educación familiar; outras 27 en traballo social e 22 de apoio psicolóxico.
O obxectivo do programa é atender as problemáticas aparelladas a situacións de risco e de conflito social, articulando unha intervención interdisciplinar que favoreza procesos normalizadores para os nenos e as nenas e as súas familias. Ademais, realizase unha intervención preventiva, que impida o posible agravamento do problema detectado.
No que vai de ano, o Concello atendeu un total de 532 usuarios, dos que 236 son menores. O goberno local adica 829.000 euros ao ano a este programa social municipal.