mércores, 14 feb 2024
Abel Caballero reuniuse este mércores cos directivos de Vodafone, Jesús Lombardero, Jose Suárez e Severino Castromán, responsables das áreas de empresas, da dirección territorial da zona norte, e das contas das administracións públicas de Galicia, respectivamente. Estes explicaron ao alcalde que a compañía conta en Vigo cun centro operativo que ofrece cobertura para a área norte e centro de España, que está atendido por 150 técnicos.
mércores, 14 feb 2024
O Concello súmase á conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil, que se celebra este xoves 15 de febreiro, iluminando de dourado as fontes da rúa Aragón. Así o anunciou hoxe o alcalde Abel Caballero.
mércores, 14 feb 2024
O Instituto Feiral de Vigo acolle a próxima fin de semana a décimo terceira edición do Salón Retro Galicia Auto&Moto, segundo avanzou este mércores Abel Caballero.
luns, 12 feb 2024
A corporación municipal de Vigo, responsables da Comandancia da Garda Civil, e da comisaría do Corpo Nacional de Policía gardaron este luns un minuto de silencio en recordo dos dous membros da benemérita falecidos a fin de semana en Barbate, e en apoio ás súas familias.
O alcalde Abel Caballero trasladou ás familias "o noso agarimo e noso pésame", á vez que recoñeceu "ás forzas e corpos da seguridade do Estado o seu traballo permanente en todo o país".
luns, 12 feb 2024
A corporación municipal de Vigo aprobou no pleno extraordinario deste luns, cos votos a favor dos concelleiros dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG, a moción do Goberno municipal que expresa o rexeitamento á actitude do presidente da Xunta, así como o trato discriminatorio á cidade, e a falta de cooperación da administración autonómica ao financiamento da remodelación de Balaídos. Os concelleiros do PP votaron en contra de censurar a ausencia de apoio económico do goberno de Alfonso Rueda ao estadio municipal.
luns, 12 feb 2024
A cuarta edición das Rutas Saudables en Vigo comezarán o martes 27 de febreiro e desenvolveranse ao longo de 12 semanas co obxectivo de fomentar a actividade física periódica entre a poboación.
luns, 12 feb 2024
O alcalde recibiu uha placa homenaxe do sector hostaleiro e hoteleiro de Vigo polo éxito do Nadal 2023. Caballero agradeceu o simbolismo do acto, pero afirmou: “É un proxecto de todos e todas, mérito da cidade e cun éxito inigualable”.
venres, 9 feb 2024
A Xunta Local de Goberno de Vigo adxudicou este venres o contrato para redactar o proxecto de mellora da piscina municipal de Teis, gravemente deteriorada tras o incendio. Así o anunciou o alcalde ao explicar que a situación actual da infraestrutura require unha “reconsideración total”.
venres, 9 feb 2024
O Comedor da Esperanza e a Asociación Vida Diga contarán en 2024 con 31.685 euros máis para atender ás persoas sen recursos, xa que o goberno municipal aprobou este venres aumentar a dotación económica que reciben as dúas ONG para afrontar a subida do prezo dos subministros e da alimentación.
venres, 9 feb 2024
O Concello suma outras 8 novos murais artísticos aos 177 instalados en toda a cidade. A aprobación do X Programa de pintado de medianeiras e outros elementos verticais foi adoptado este venres polo goberno municipal.