As fontes de Aragón, de vermello polo Día Mundial da Distrofia Muscular Duchenne
O Concello súmase este sábado 7 de setembro á xornada mundial de concienciación sobre esta enfermidade muscular rara de orixe xenética iluminando de vermello as fontes da rúa Aragón. Con esta conmemoración, as familias queren sensibilizar e concienciar á poboación sobre a Distrofia Muscular Duchenne que afecta a 250.000 nenos a nivel mundial, especialmente a varóns.
