Desembarcan en Reino Unido os primeiros estudantes do Vigo en Inglés
Este xoves saíron os primeiros 50 alumnos e alumnas dos 1.027 que viaxarán a Reino Unido e Irlanda para mellorar o seu nivel de inglés. O Concello destina máis de 3 millóns de euros a aprendizaxe deste idioma a través da inmersión lingüística, con clases programadas e convivencia en familias.
Abel Caballero deu conta da saída de 50 alumnos e alumnas de Vigo para comezar a súa beca do programa municipal Vigo en Inglés. Este grupo instalarase con familias que residen en Ipswich, Letchworth e Somerset. Son os primeiros dos 1.027 que viaxarán a Reino Unido e Irlanda becados polo Concello. O goberno local inviste máis de tres millóns de euros nestes cursos de inmersión lingüística e convivencia en familias británicas e irlandesas.
“Estamos encantados de dedicar estes cartos porque supón aprender inglés e unha cultura distinta”, dixo Caballero, ao que engadiu “que oxalá houberan tido esta oportunidade tantos outros mozos e mozas antes de chegar eu a Alcaldía”.
Para o alcalde, grazas a esta política, “Vigo ten o mellor inglés que ningunha cidade de España”.
Escolas Municipais Infantís
Caballero tamén informou do inicio do curso nas escolas municipais infantís. O goberno local inviste 2,5 millóns na educación de 0-3 anos, completamente gratuíta incluído o servizo de comedor. O tamén deu conta da apertura inminente da nova escola municipal na Praza da Industria.