Escoitar

A Xerencia de Urbanismo aproba o reparcelamento do Polígono 1 de Navia que prevé vivenda e equipamento público

O alcalde avanzou este venres que na próxima reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo recibirá luz verde este cambio na división do Polígono 1 do Plan Parcial de Navia co que poderán facerse “máis parcelas das inicialmente previstas pola Xunta”.

venres, 6 set 2024
Foto de arquivo da visita do alcalde ao parque de Navia
Foto de arquivo da visita do alcalde ao parque de Navia

“Máis espazo, máis parcelas e máis vivenda”, así resume Abel Caballero o cambio que experimentará o Polígono 1 do Plan Parcial de Navia coa aprobación definitiva o vindeiro martes 10 de setembro na Xerencia de Urbanismo do proxecto de reparcelamento dese espazo.

“Con este procedemento poderán facerse moitas máis parcelas das inicialmente previstas pola Xunta de Galicia. O Instituto Galego de Vivenda e Solo fíxoo mal e propoñia 145 parcelas pero coa nosa reparcelación pasan a ser 168”.

Así, as 145 parcelas de orixe dan como resultado 168 novas parcelas: 155 serán para o IGVS que dedicará a vivenda e 13 parcelas serán de titularidade municipal. Destas trece, tal e como explicou o rexedor, una será para equipamento público, 11 para zonas verdes públicas e unha parcela para o novo viario público do Plan Parcial de Navia. En total, o Concello dispoñerá de 54.471 metros cadrados “que imos dedicar ao ámbito público”.

 

Descargar todas as imaxes