Escoitar

Abel Caballero: “A AP9 pagará IBI en Vigo por primeira vez na historia”

A lei franquista aprobada en 1972 impuxo unha bonificación do 95%, da que a concesionaria se beneficiou ata o de agora. O alcalde engadiu que “era intolerable que unha empresa con tal nivel de beneficios non pagase IBI".

mércores, 21 ago 2024

O rexedor vigués informou esta mañá que a concesionaria da AP9, pagará por primeira vez en 2024 o Imposto de Bens e Inmobles na cidade. “Beneficiábase dunha lei franquista aprobada en 1972”, que como explicou Caballero, “realizábaselle unha bonificación do 95%”.

A ocupación de terreo municipal por parte da autoestrada AP-9 deixará este ano de estar practicamente exenta do pago, pasando de abonar uns 18.000 euros a unha cifra que se eleva ata os 383.000 euros. Caballero engadiu que “era intolerable que unha empresa con tal nivel de beneficios non pagase IBI".

O Concello de Vigo ingresará en total máis de 433.000 euros polo IBI das autopistas, sumando os 50.746.03 euros que tributa a AG-57 (Puxeiros – Val Miñor).

Axudas de emerxencia

O alcalde explicou que no día de onte aprobáronse 90 novas axudas de emerxencia por un importe de 22.064 euros, destacando 24 de alimentación por 8.440€ e 24 de vivenda por 11.381€. No que vai de ano o Concello concedeu un total de 969.506€ en axudas.

Descargar todas as imaxes