Escoitar

O Pleno aproba o crédito extraordinario por importe de 31,8 millóns de euros

A Corporación Municipal deu luz verde a este trámite na sesión extraordinaria celebrada este martes cos votos favorables do PSdeG, a abstención do PP e o voto negativo do BNG.

martes, 20 ago 2024

O Pleno Municipal vén de aprobar o crédito extraordinario con remanente líquido de Tesourería do ano 2023, por un importe de 31.858.267 millóns de euros. Contou cos votos favorables do PSdeG, a abstención do PP e o voto negativo do BNG.

No debate plenario, o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros explicou que o goberno municipal quere con esta modificación realizar “novos proxectos demandados pola cidade”, aos que se dedican “un importe que supera os 8 millóns de euros”. Financiarán actuacións como a humanización da rúa Lepanto por 1.146.000 euros; a humanización de Serafín Avendaño-García Barbón-Halo por 1.768.000€ ou as novas ramplas de Pintor Colmeiro e Pintor Lugrís.

Aneiros destacou tamén que se “atenden as demandas das parroquias”, como no caso da cuberta da pista deportiva de Zamáns, cun importe de 832.342€. Tamén resaltou a importante vertente cultural desta modificación de crédito como a escultura que o Concello adicará a Domingo Villar, cun custe de 120.000 euros ou a liquidación da reforma do Pazo Raposeira por 175.000€. O resto da contía vai destinada a facer fronte a “obrigas legais” como a compensación a Vitrasa ou a Cocheiras Olívicas, entre outras.

Descargar todas as imaxes