venres, 23 ago 2024
O Instituto Nacional de Estadística publicou os datos do mes de xullo, nos que a cidade obtén “cifras de récord tanto en viaxeiros como en pernoitas”.
venres, 23 ago 2024
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Nicolás González e Martín Pérez, que veñen de conseguir a medalla de ouro na categoría júnior no Mundial de Vaurient celebrado en Eslovaquia, e con Isabel Cabello, gañadora da medalla de bronce na categoría de adultos, na que competiu co seu pai, Pablo Cabello. O rexedor felicitounos polo gran éxito conseguido no campionato desde o Real Club Náutico de Vigo e avanzoulles o seu apoio para que o mundial poida celebrarse en Vigo no ano 2028.
venres, 23 ago 2024
O Concello de Vigo conmemorará o 199º Aniversario da Declaración Nacional de Independencia do Uruguai, iluminando as fontes da rúa Aragón. As mesmas tinguiranse coas cores da súa bandeira, azul e branco, durante as noites do sábado 24 e o domingo 25 de agosto. Deste xeito homenaxease así o feito ocorrido en 1825, no que o Congreso da Florida, integrado por representantes dos cabildos dos pobos da Provincia Oriental proclamaban a súa independencia do Imperio do Brasil.