Escoitar

O goberno municipal dedica 450.000€ ao fomento do asociacionismo e da participación cidadá

O alcalde avanzou que se aprobará na Xunta de Goberno Local de mañá as bases reguladoras e a convocatoria. Tamén se aprobará a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que realizan programas de apoio ás mulleres.

xoves, 22 ago 2024

Abel Caballero informou que a Xunta de Goberno Local aprobará as bases reguladoras e a convocatoria das “Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá 2024” cun presuposto de 450.000€. A convocatoria divídese en catro programas de axuda:

  1. Gastos de mantemento e funcionamento das entidades veciñais
  2. Gastos de mantemento das entidades veciñais que carezan de local municipal en réxime de cesión ou en outras condiciones de uso gratuíto
  3. Gastos de inversión en equipamento
  4. Gastos de inversión en obras e adquisición de inmobles

O Concello “quere apoiar o asociacionismo” destinando 250.000 euros para os dous primeiros programas (gastos de mantemento) e 200.000 euros para os dous últimos (gastos de inversión). As axudas serán concedidas por concorrencia competitiva, a entidades veciñais e sociedades culturais sen ánimo de lucro nas actividades que realicen entre 16 de novembro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.

Subvencións a entidades que realizan programas de apoio as mulleres

O rexedor indicou que “mañá aprobaremos a proposta de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que realizan programas de apoio a mulleres no ano 2024, ao que destinamos un importe de 91.500 euros”. Concédense axudas a 44 entidades que traballan na cidade.

Descargar todas as imaxes