Escoitar

O alcalde valora o “excepcional servizo” do 010, que inicia as chamadas gratuítas

Este martes, 20 de agosto, o servizo municipal de información telefónica 010 comeza unha etapa nova coa gratuidade das chamadas para as persoas usuarias, que deixarán de pagar “co mesmo uso” arredor de 77.000 euros anuais.

luns, 19 ago 2024

“Queremos que sexa gratuíto porque presta un servizo excepcional”, apuntou Abel Caballero este luns, ao valorar o traballo que desenvolve o persoal do 010 que serve como “nexo de comunicación entre a cidadanía e o Concello”.

Desde este martes, 20 de agosto, as chamadas que se realicen ao teléfono 010 non terán custo para as persoas usuarias polo que, segundo estima o rexedor, “a cidadanía, usándoo igual que agora, deixará de pagar 77.000 euros polas chamadas”.

No ano 2023, o 010 servizo realizou case 82.000 xestións e desde o mes de maio incorpora un servizo de vídeo interpretación en lingua de signos.

Descargar todas as imaxes