Vigo garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11-M no seu 20º aniversario

luns, 11 mar 2024

O Concello de Vigo conmemorou o 20º aniversario do atentado terrorista do 11-M, cun minuto de silencio que tivo lugar ante a Casa Consistorial, coa participación do goberno de Vigo e o resto da Corporación Municipal. Abel Caballero sinalou que hoxe se recorda "ás 192 vítimas do terrible atentado xihadista, un feito dramático e cruel", que se produciu no 2004, "que marcou a historia de España". O rexedor rematou remarcando que se trata do "peor atentado que sufriu o noso país".

O alcalde reúnese co tecido social e empresarial da cidade e urxe á Xunta a aprobación "inmediata" do PXOM

luns, 11 mar 2024

Abel Caballero, tras analizar este luns con representantes de asociacións profesionais, empresariais, veciñais e deportivas de Vigo a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, defendeu que “non existe ningunha razón para que a Xunta de Galicia tente paralizar” o novo ordenamento urbanístico, e por iso insistiu en reclamar á administración galega a súa “aprobación inmediata”, á vez que tende a man para o diálogo. Recalcou que o plan "cumpre coa legalidade", e que conta con seguridade xurídica "total".

O Concello aproba os prazos para solicitar unha praza nas 9 escolas infantís municipais

venres, 8 mar 2024

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo celebrada este venres aprobou as normas para acceder a unha das 674 prazas das 9 escolas infantís municipais para o próximo curso escolar. O alcalde lembrou a gratuidade da educación de 0 a 3 anos responsabilidade do Concello, que abarca desde a matrícula, aos servizos de comedor e ao de apoio aos escolares con atención educativa, orientación e gabinete psicopedagóxico.

Alumnado e profesorado do Ceip Mestres Goldar visitan o Concello

xoves, 7 mar 2024

O alcalde recibiunos no Salón de Plenos onde lles explicou brevemente o seu funcionamento e a importancia da xestión municipal no día a día da cidade. No encontro, as nenas e nenos trasladáronlle a Caballero algunhas das súas dúbidas sobre as responsabilidades do labor do rexedor. O alumnado e profesorado de 5º e 6º de Primaria do Ceip Mestres Goldar visitou hoxe as instalacións municipais no marco do programa "Visita o teu Concello".

Entregados os premios aos 45 escolares de Vigo gañadores do concurso de pintura de Vigolandia

mércores, 6 mar 2024

Abel Caballero entregou hoxe aos 45 nenos gañadores do XV certame de debuxo Vigolandia 2023 o diploma que recoñece a excelencia do seu traballos, así como agasallos deportivos e de xogos didácticos. Na última edición da cita infantil de Ifevi durante Nadal participaron un total de 4.317 escolares, con idades comprendidas entre os 6 e 11 anos, dun total de 38 colexios de Vigo.