O alcalde dá a benvida a Vigo a alumnado Erasmus de Hamburgo e Polonia

venres, 15 mar 2024

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con estudantado e profesorado de bacharelato do IES Politécnico de Vigo que están realizando un intercambio dentro do programa Erasmus+ co centro alemán Wolfgang-Borchert Gymnasium, de Halstenbek en Hamburgo, e co centro VIII Liceum Ogólnokształcące de Poznan, en Polonia. O rexedor trasladoulles a historia da cidade, a importancia da súa actividade portuaria e industrial e desexoulles unha feliz estadía en Vigo.

Caballero coloca a primeira pedra do novo ascensor entre Hispanidade e Romil

venres, 15 mar 2024

Abel Caballero colocou este venres, cos concelleiros María José Caride e Javier Pardo, a primeira pedra das obras de construción do ascensor que conectará Romil e Hispanidade, e anunciou a urbanización do tramo entre as rúas Amor Ruibal e Feliciano Rolán. o proxecto ten un orzamento de 1.271.209 euros, un total de 945.528 proceden do Goberno de España a través de Fondos Next Generation UE polo proxecto de implantación de “Zonas de Baixas Emisións e Transformación Dixital e Sostible do Transporte Urbano”.

O goberno local renova o convenio coa Diocese de Tui-Vigo para conservar o patrimonio histórico

venres, 15 mar 2024

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a renovación por catro anos do convenio marco coa Diocese de Tui-Vigo. Así o anunciou este venres Abel Caballero, tras explicar que, co acordo, a administración municipal contribúe a conservar e restaurar os bens mobles e inmobles de titularidade eclesiástica, “que son parte do patrimonio histórico de Vigo”, e a promover accións para fomentar o coñecemento do patrimonio cultural.

Vigo é a cidade española con maior número de sendeiros azuis coa incorporación da Senda pola Ribeira do Lagares

xoves, 14 mar 2024

Os 5 sendeiros azuis, recoñecidos cunha bandeira pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, destacan a Vigo como a cidade española que conta co maior número de distintivos. Así o destacou este xoves o alcalde ao remarcar o aumento do espazos naturais recuperados co recoñecemento obtido este ano pola Senda de Ribeira polo Río Lagares. “Son 41 quilómetros recuperados para gozar coas bandeiras azuis da natureza e coa bandeira do medioambiente pola recuperación ambiental”, destacou o rexedor.

Caballero destaca o valor cultural da mostra "Nanocosmos", aberta na rúa do Príncipe ata o 23 de abril

mércores, 13 mar 2024

A cultura volve impregnar a rúa do Príncipe de Vigo coa exposición “Nanocosmos”, que está vertebrada ao redor das 36 fotografías de Michael Benson e foi despregada pola Fundación A Caixa ata o día 23 de abril. Así presentou o alcalde este mércores, coa primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, e os concelleiros Gorka Gómez e Patricia Iglesias, a mostra que facilita a visión do “invisible” ao ollo humano: as imaxes obtidas con microscopios electrónicos de varrido do Canadian Museum of Nature como os estambres dunha flor.

O Concello segue a potenciar a práctica do atletismo coa instalación de novo material de adestramento nas pistas de Balaídos

martes, 12 mar 2024

A partir de hoxe o Concello poñerá ao dispor dos deportistas que utilizan as pistas de atletismo de Balaídos o material necesario para facilitar a práctica de diferentes disciplinas. O Goberno municipal destina 80.000 euros para “promocionar e potenciar o deporte e o atletismo”, segundo recalcou este martes Abel Caballero durante o acto de entrega do equipamento.

Caballero reclama á Diputación que responda ao proxecto da Grada de Gol

martes, 12 mar 2024

Abel Caballero anunciou este martes tamén que nos próximos días o Concello remitirá á Deputación de Pontevedra un escrito coa listaxe das obras para realizar en Vigo dentro do convenio de cinco millóns de euros que a institución provincial asinou durante a presidencia de Carmela Silva. Insistiu en que o Goberno vigués espera desde hai dous meses unha resposta á súa proposta de reforma da Bancada de Gol do Estadio de Balaídos, cuxo atraso prexudica aos seguidores do Celta.