Escoitar

Caballero propón a Rueda abordar o financiamento do túnel de Elduayen na Comisión de Infraestruturas

Caballero propón a Rueda que a semana que vén se reúna a Comisión de Infraestruturas para concretar as propostas de cara ao cofinanciamento do túnel desde Porta do Sol a Torrecedeira. O alcalde envioulle hoxe unha carta o presidente da Xunta.

venres, 27 set 2024
Foto de arquivo da reunión do alcalde e o presidente da Xunta en xuño de 2024
Foto de arquivo da reunión do alcalde e o presidente da Xunta en xuño de 2024

O alcalde envioulle esta mañá unha carta a Alfonso Rueda en resposta á que el lle fixo chegar trasladando a vontade da Xunta de cofinanciar o túnel de Porta do Sol a Torrecedeira. Reafirmoulle na misiva, dixo, a importancia do túnel de Beiramar, aclarando que cambiou o escenario respecto ao mes de xuño, cando se reuniron ambos mandatarios, dado que daquela o Concello non dispoñía da autorización para realizar as sondaxes que permitiran garantir a viabilidade do subterráneo.

Caballero explicou que Vigo xa conta con proxecto básico e xa está traballando no construtivo, financiados xa desde o Concello polo que de cara aos orzamentos de 2025, incluirá unha partida de 50.000 euros, cantidade que permitirá iniciar a obra o vindeiro ano. Neste punto, o alcalde propuxo que a Xunta achegue a mesma contía “case simbólica” nas súas contas para o ano que vén. Engadiu que no ano 2026 e 2027 serán os exercicios nos que se incorporen os fondos restantes.

Por último, Caballero propúxolle ao presidente da Xunta a conveniencia de que a semana que vén se reúna a Comisión de Infraestruturas para concretar as propostas.

 

Descargar todas as imaxes