venres, 27 set 2024
O goberno municipal aprobou este venres o plan "Vigo Emprega 2024”, por un importe de 896.000 euros, para contratar a 75 persoas. Empezarán a traballar no mes de novembro.
venres, 27 set 2024
Caballero propón a Rueda que a semana que vén se reúna a Comisión de Infraestruturas para concretar as propostas de cara ao cofinanciamento do túnel desde Porta do Sol a Torrecedeira. O alcalde envioulle hoxe unha carta o presidente da Xunta.
venres, 27 set 2024
A Xunta de Goberno Loacal acordou este venres ampliar en 200.000 euros o orzamento das axudas de emerxencia. Así o anunciou Abel Caballero ao explicar que a dotación económica para 2024 ascende a 1.400.000 euros. “Eu dixen que as axudas terán recursos ilimitados e, por tanto, terán tantos recursos como se necesiten, dependendo das solicitudes que se fagan”, afirmou.
venres, 27 set 2024
O alcalde trasladou este venres aos participantes no Congreso da Sociedade Española de Implantes a súa satisfacción porque a organización elixise Vigo para realizar o seu encontro profesional. “Formades parte de procesos de innovación tecnolóxica pioneiros e impensables hai anos, utilizades tecnoloxía de vangarda”, asegurou Abel Caballero. Incidiu na “altísima cualificación, e na "enorme capacidade da vosa profesión” ante os participantes na reunión no Auditorio Mar de Vigo.
venres, 27 set 2024
Abel Caballero asistiu ao acto de benvida do novo cónsul honorario de Guinea Bissau en Galicia que estableceu a súa oficina na cidade de Vigo. No evento tamén estivo o embaixador do país africano en España, Abel Coelho de Mendonça, entre outras autoridades. Esta novo espazo permitirá a realización de trámites á comunidade guineana de Galicia.
venres, 27 set 2024
O domingo 29 de setembro celébrase o Día da Retina, unha xornada para reivindicar a investigación para mellorar o diagnóstico, seguimento e tratamento da enfermidade. Vigo súmase a esta reivindicación iluminando as fontes de Aragón de azul e verde.