Abel Caballero: “Hoxe realizamos un recoñecemento a 16 deportistas que participaron nas olimpíadas de Tokio e París”
O rexedor informou da aprobación, na Xunta de Goberno, do convenio co Consello Superior de Deporte para a celebración da Semana Europea do Deporte, que conta “cunha mobilización importante entorno ao deporte na cidade”.
Esta mañá o alcalde achegouse ao Monumento aos Olímpicos Vigueses, situado na rúa Rosalía de Castro, para a realización dun acto de recoñecemento “a 16 deportistas que participaron nas olimpíadas de Tokio e París”. Tamén se fixo entrega dun recoñecemento á Asociación Deportiva Galegos Olímpicos, polos seus trinta anos de existencia.
Realizouse a inscrición no monumento dos deportistas olímpicos e paralímpicos vigueses que participaron en Tokio 2020 e París 2024:
- Tokio 2020 – Olímpicos:
- Alberto Abalde (Baloncesto)
- Tamara Abalde (Baloncesto)
- Támara Echegoyen (Vela)
- Nicolás Rodríguez (Vela)
- Tokio 2020 – Paralímpicos:
- Agustín Alejos (Baloncesto)
- María Victoria Alonso (Baloncesto)
- Martín De La Puente (Tenis)
- Gustavo Nieves (Atletismo)
- Susana Rodríguez Gacio (Atletismo e Tríatlon)
- Sebastián Rodríguez Veloso (Natación)
- París 2024 – Olímpicos:
- Ester Navarrete (Atletismo)
- Támara Echegoyen (Vela)
- María Pérez Araújo (Baloncesto)
- Pedro Rodríguez (Balonmán)
- Antonio Serrat (Tríatlon)
- París 2024 – Paralímpicos:
- María Victoria Alonso (Baloncesto)
- Juan Ferrón (Natación)
- Martín De La Puente (Tenis)
- Gustavo Nieves (Atletismo)
- Susana Rodríguez Gacio (Tríatlon)
- Judith Rodríguez (Esgrima)
Abel Caballero tamén explicou que, na Xunta de Goberno desta mañá, tivo luz verde o convenio co Consello Superior de Deporte para a celebración da Semana Europea do Deporte, da que Vigo é a sede oficial do evento central, que conta “cunha mobilización importante entorno ao deporte na cidade”.
Mañá, sábado 28 de setembro, a Porta do Sol será o epicentro das actividades. Xunto ao CSD, realizarase ás 17:30 horas, unha homenaxe ao movemento olímpico e realizaráse unha carreira popular (non competitiva) ás 19:00 horas, desenrolándose ao longo de 4 km con saída e meta na confluencia da praza con Elduayen.
Ademais, durante toda a tarde contarase con actividades deportivas na contorna da praza: Tenis de mesa, patinaxe freestyle, esgrima, rocódromo, xadrez, hip hop, picket ball bádminton. Tamén se ofrecerá a posibilidade de practicar, con monitores dende o escenario, as seguintes modalidades: Fitness full style (17:00), body combat (18:40), corpo e mente (19:30), baile deportivo (20:20 e 21:10) e baile caribeño (22:00).