Abel Caballero aborda coa directiva da Asociación dos Premios da Crítica de Galicia a colaboración do Concello
O alcalde abordou hoxe coa dirección da Asociación dos Premios da Crítica de Galicia as novidades da 46 edición dos galardóns que se entregarán no acto programado para o día 19 de outubro no teatro Afundación de Vigo. O presidente da asociación, Manuel Bragado, e as vicepresidentas, Malós Cabrera e Inma López Silva, explicaron a Abel Caballero a ampliación das modalidades de premios coa incorporación de tres ámbitos: ciencia e tecnoloxía; investigación en ciencias sociais e humanidades; e cultura dixital. O Concello subvenciona con 9.000 euros uns galardóns que desde 1978 recoñecen as achegas individuais e colectivas nas distintas expresións da creación cultural e da investigación en Galicia.
