Escoitar

Caballero: “Seguiremos facendo de Vigo unha grande cidade turística”

O mes de agosto foi un mes “espectacular” desde o punto de vista turístico, segundo datos do INE. Os viaxeiros nacionais e as pernoctas creceron case nun 5% nese período respecto a 2023.

martes, 24 set 2024

Abel Caballero cualificou esta mañá de “espectacular” o balance turístico do mes de agosto en Vigo, cunhas cifras similares ás do ano pasado con case 60.000 visitantes. Durante o último mes, os viaxeiros nacionais subiron un 5% respecto a 2023.

Tal e como indicou, as pernoctas nacionais tamén subiron preto dun 5% o que as converte no mellor dato de pernoctacións nun mes de agosto. A estadía media na cidade foi de 2,10 días, o que implica un lixeiro incremento sobre 2023.

Caballero celebrou estes datos facilitados polo INE e avanzou que “seguiremos facendo de Vigo unha grande cidade turística”.

 

Descargar todas as imaxes