Escoitar

O Concello organiza nos locais municipais das asociacións veciñais a actividade "Bailes en Vigo" para persoas maiores

O Concello responde á demanda das persoas maiores de contar coa actividade de baile a través da iniciativa “Bailes en Vigo”, dentro do programa "Vigo, Cidade Amiga dos Maiores". As sesións musicais realizaranse as fins de semana, a partir do venres 11 de outubro, nos locais municipais das asociacións veciñais.

martes, 24 set 2024

O alcalde anunciou este martes que, a partir do próximo mes de outubro, o Concello aumentará a oferta de actividades de avellentamento activo, incluídas no programa “Vigo, Cidade Amiga dos Maiores”, cos bailes que se organizarán todas as fins de semana nos centros municipais das asociacións veciñais da cidade.

Financiada polo Concello, a asistencia á actividade será totalmente gratuíta. As sesións contarán coa animación dun DJ. Os bailes comenzarán no local municipal da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia o venres 11 de outubro.

Caballero indicou que haberá bailes en Bembrive, Navia, Candeán, Beade, Coia e Cabral, aos que se engadirán outros novos nos locais das asociacións de veciños . “Queremos que a xente de idade baile e goce”, afirmou o alcalde.

Descargar todas as imaxes