Escoitar

A XXVIII edición do Maratón Fotográfico chega a Vigo o próximo 5 de outubro

Abel Caballero anima á participación na XXVIII edición do Maratón Fotográfico Concello de Vigo con 24 horas de creatividade e convivencia entre profesionais e amateurs. A Agrupación Fotográfica Galega organiza este certame o próximo 5 de outubro.

mércores, 25 set 2024

O Maratón Fotográfico Concello de Vigo comezará ás 12,00 h do sábado 5 de outubro na Praza do Pobo Galego. Nese momento, os participantes saberán a temática sobre a que terá que xirar o traballo. Durante 24 horas, os participantes poderán tomar, procesar e seleccionar as súas fotos, debendo entregar as catro imaxes antes das 12,00h do día 6.

A Agrupación Fotográfica Galega (AFG) ten como principal obxetivo fomentar un relevo xeneracional, polo que este ano ampliaron os rangos de idade e crearon un premio especial para os máis novos, menores de idade, para asegurar a continuidade e frescura de este evento.

Sen embargo, aclarou Lino Escurís, seguimos sendo fieles ao espíritu da primeira edición, con ese mesmo amor pola fotografía, a creatividade e o desexo de capturar a esencia da nosa terra. O Maratón sigue sendo un espacio de inspiración, aprendizaxe e convivencia entre fotógrafos de todas as idades, durante 24 horas de intensa actividade.

Na presentación tamén estiveron presentes Alfonso Durán, presidente e Ángel Tourón, vicepresidente da Agrupación, respectivamente.

Descargar todas as imaxes