Vigo conmemora o Día Mundial do Farmacéutico coas fontes de Aragón iluminadas de verde
Este mércores, 25 de setembro, celébrase o Día Mundial do Farmacéutico baixo o lema Farmacéuticos: respondendo ás necesidades sanitarias globais; facilitando solucións locais, facendo referencia á capacidade da profesión farmacéutica de fortalecer os sistemas sanitarios axudando a responder aos desafíos sanitarios e sociais actuais que afectan á saúde da poboación. O Concello de Vigo súmase á xornada iluminando esta noite de verde as fontes de Aragón.
