Vigo conciencia sobre a erradicación da hepatite no Día Mundial das Hepatites Víricas
O Concello informa sobre a prevención da Hepatite C no Día Mundial das Hepatites Víricas, que se conmemora este domingo 28 de xullo. O alcalde lembrou que Vigo está adherida á Alianza para a Eliminación das Hepatites Víricas en España polo que o goberno seguirá concienciando á poboación sobre esta enfermidade e a súa prevención.
