A cidade prevé unha ocupación hoteleira do 85% durante a ponte do Día de Galicia
Do 24 ao 28 de xullo a previsión de ocupación hoteleira é do 85%. Segundo os datos do INE, xuño de 2024 foi o segundo mellor mes de xuño da serie histórica, soamente por detrás do ano anterior.
Caballero comunicou que a previsión dos hoteis de Vigo para a ponte do Día de Galicia é dunha ocupación do 85%, “unha ocupación altísima entre o 24 e 28 de xullo”, afirmou.
O alcalde tamén analizou os datos do mes de xuño publicados polo INE, no que Vigo rexistro o segundo mellor xuño da serie histórica, solo por detrás do ano anterior. “É practicamente o mesmo que o ano anterior, e iso que este ano a meteoroloxía non acompañou demasiado”, expresou. Amais, Caballero subliñou o crecemento do turismo internacional, con récord de visitantes nun mes de xuño.
“O turismo é economía, emprego, xeración de benestar e riqueza”, concluíu