Escoitar

O alcalde critica o voto en contra do PP no Congreso polo que Vigo non poderá investir 50 millóns de euros

Abel Caballero tildou o voto do Partido Popular como “un golpe tremendo á cidade” e esixe explicacións ao PP de Vigo sobre “por que votaron en contra dos intereses de Vigo poñendo por enriba os do seu partido”.

mércores, 24 xul 2024

O alcalde lamenta o que o Partido Popular votara no Congreso dos Deputados contra o teito de gasto para as administracións públicas proposto polo Goberno de España. “Ese voto significou perder 50 millóns de euros: 17,7 para o ano actual; 10,5 millóns no 2025; e 20 millóns no 2026; amais de 1,7 millóns en axustes técnicos”, explicou.

Caballero considera que “é un escándalo” e esixe “explicacións polo voto ao seu interese político e deixar á cidade de Vigo con 50 millóns menos”. “É unha cifra colosal e importantísima”, insistiu.

Descargar todas as imaxes