Abel Caballero visita as instalacións das novas oficinas de CaixaBank na rúa Gran Vía
Abel Caballero visitou hoxe as novas oficinas de CaixaBank, situadas entre as rúas #Ecuador e Gran Vía. Durante o percorrido polas instalacións estivo acompañado polo director de área en Vigo, Igor das Heras, polo director da oficina, José Louzao, e pola responsable de Institucións, Ana Hernández. O alcalde tamén saudou aos doce profesionais que traballan na recentemente inaugurada oficina bancaria dunha entidade que conta en Vigo cun persoal de 140 persoas, ao tempo que recoñeceu o traballo da obra social e o apoio as empresas da cidade.
