Escoitar

As reservas para a actuación de Víctor Manuel á venda o mércores 24 de xullo

O cantante subirá ao escenario do Auditorio de Castrelos o 14 de agosto ás 22:00 horas.

luns, 22 xul 2024

O alcalde deu a coñecer hoxe os datos para adquirir a reserva de entradas para a platea no concerto de Victor Manuel. A venda de reservas terá lugar o vindeiro venres 26 de xullo. Como no resto das vendas para o Vigo en Festas 2024, o Concello trata de proporcionar unha maior axilidade e facilidade para a cidadanía, tendo operativa a venda de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Poderanse adquirir un total de 2.200 localidades a un prezo de 12€, serán 2.000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 200 en liña. En cada quenda estarán á venda 1000 reservas físicas e 100 de xeito online. Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva.

Descargar todas as imaxes