Escoitar

O Concello dedica máis de 850.000 euros ás escolas municipais de música, de danza e de música folk e tradicional

A Xunta de Goberno Local aprobou a prorroga por un ano do contrato dos servizos da xestión, docencia e desenvolvemento das tres escolas.

sábado, 20 xul 2024

O rexedor olívico informou esta mañá da prórroga da xestión parcial, docencia y desenvolvemento da Escola Municipal de Música, de la Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD) e da Escola Municipal de Danza. Realizarase por un ano, de novembro de 2024 ao mesmo mes de 2025.

O importe total é de 853.094 euros, dos que 446.492€ están adicados á Escola Municipal de Música; 256.125€ para a ETRAD e 150.477€ para a Escola Municipal de Danza.

Convenio Saúde Mental FEAFES Galicia

Caballero tamén informou da aprobación do convenio coa organización “Saúde Mental FEAFES Galicia” por un importe de 5.000 euros.

O obxectivo é o fomento das súas actividades e contribuír ao pago do alugueiro do seu local social. O alcalde sinalou que “aumentamos a colaboración co tecido asociativo de Vigo a través de acordos como este, co que desenvolven actividades en beneficio das persoas con problemas de saúde mental”.

Mellora do saneamento da rúa Radio Faro

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a redacción do proxecto de mellora do saneamento da rúa Subida a Radio Faro, en San Miguel de Oia. O alcalde destacou que se estudará a mellor localización para instalar a nova estación de bombeo, en substitución da actual, que esta situada nunha parcela do Centro Oceanográfico de Vigo, que vai ser reformada.

Descargar todas as imaxes