Escoitar

Vigo aproba unha ampliación do Orzamento de 2024

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, deu luz verde este martes ao expediente de ampliación para acometer diferentes obras na cidade.

martes, 23 xul 2024

O alcalde destacou que “seguimos facendo as grandes humanizacións e accións na cidade con débeda cero, a presión fiscal máis baixa de toda Galicia e de toda España e pagando a provedores no prazo máis curto das administracións españolas”.

Segundo explicou, con esta ampliación por importe de 31,8 millóns de euros, o goberno de Vigo procederá a aboar certificacións finais de obras como o Halo, a cubrición do Tranvía da Praza do Emigrante ou a estrada de Beade- Valadares.

Ademais, vai poñerse en marcha a humanización da rúa Lepanto e a humanización de Serafín Avendaño-García Barbón-Halo para completar o corredor vertical con ramplas mecánicas e o ascensor. Dentro do programa Vigo Vertical, acometeranse as obras das ramplas de Pintor Colmeiro e Pintor Lugrís que inclúen as humanizacións das rúas; a posta en valor dos xardíns históricos de Castrelos e a liquidación definitiva do Pazo da Raposeira, a cuberta da pista deportiva de Zamáns e a escultura de Domingo Villar na Praza de Compostela.

Abel Caballero explicou que a modificación orzamentaria permitirá tamén aboar a compensación a Vitrasa por razóns Covid que supera dos 12 millóns de euros e na que a “Xunta de Galicia non coopera”.

 

Descargar todas as imaxes