Caballero visita o inicio da montaxe da XXIV edición de O Marisquiño
Abel Caballero comprobou hoxe o avance das obras de montaxe dos circuítos que se están a instalar na praia de Samil e que servirán de escenario central para distintas probas organizadas dentro da XXIV edición do festival da cultura urbana O Marisquiño. O evento deportivo arrincará o xoves 8 de agosto e se prolongará ata o domingo 11.

O alcalde desprazouse este martes ata a praia de Samil para asistir ao avance das instalacións que durante catro días converterán a Vigo na capital mundial da práctica dos deportes de acción e da cultura urbana con motivo da XXIV edición de O Marisquiño.
O Concello achega este ano un total dun millón de euros para que a praia de Samil, así como distintas zonas de Vigo, sexan epicentro da atención dos seguidores tanto da práctica do skate ou do BMX , como das expresións culturais, as batallas de galos ou a elaboración de grafittis.
Como novedade, Samil acollerá este ano, ademáis das competicións de skate e BMX, o Flatland, o Break-Dance, o Grafiti e as Batallas de Galos.
Nesta edición, os concertos celébranse no aparcadoiro 2 de Samil.

