O goberno local humanizará a rúa Cesáreo Vázquez
Caballero avanzou que xa está redactado o proxecto de humanización no ámbito entre Ricardo Mella e Canido e que o segundo tramo, entre Ricardo Mella e Camposancos, xa está en proceso de contratación.

O Concello humanizará a rúa Cesáreo Vázquez. Caballero deu conta da redacción do proxecto do tramo entre Canido e Ricardo Mella, coa vontade dos veciños para ceder os terreos. “Estará terminada previsiblemente no próximo verán”, avanzou o alcalde.
O Concello tamén xa ten contratado o proxecto para mellorar o tramo entre Ricardo Mella e Camposancos. “Haberá diálogo cos veciños para ver cesións de terreos. En todo caso, haberá humanización tamén deste ámbito”. Caballero manifestou que Cesáreo Vázquez “estará humanizada en altísimo standing na súa totalidade”.