Escoitar

Caballero anima a gozar co "espectáculo excepcional" no Marisquiño do descenso de mountain bike desde O Castro

O vindeiro sábado arrincará a montaxe do circuíto onde o 10 de agosto terá lugar o "espectáculo excepcional" da proba de bicicleta de montaña de O Marisquiño, enmarcada no festival da cultura urbana, que se desenvolverá en Vigo do 8 ao 11 de agosto. Así o avanzou hoxe Abel Caballero ao presentar as competición de MBT que se desenvolverá nos dous quilómetros do traxecto entre a fortaleza do monte de O Castro e a Praza do Berbés. “O Marisquiño este ano é a segunda olimpíada, xa que seguramente medallistas de París van estar practicando deporte e competindo en Vigo ”, afirmou.

mércores, 31 xul 2024

O alcalde presentou este martes, na fortaleza do Castro, a proba de mountain bike da vixésimo cuarta edición de O Marisquiño. Está programada  para o sábado 10 de agosto, dentro dos catro días de competicións, exhibicións,  e "dunha forma de sentir e practicar estes novos deportes con tantas variedades", recalcou o alcalde ao recordar que a festa da cultura e do deporte urbano celebrarase en Vigo do 8 ao 11 de agosto.

O rexedor explicou que a montaxe do circuíto comezará o vindeiro sábado, coa distribución e provisión do material de seguridade, valados e ramplas, para proceder a instalar todos os elementos desde o luns 5 ao venres 9 de agosto. “É unha proba extraordinaria porque a vistosidade en diferentes partes do descenso é única”, apuntou ao indicar que “é facer imposible o imposible porque os deportistas no descenso fan posible o que desafía todas as leis da física”.

Caballero animou a toda a cidadanía a contemplar o descenso dos "deportistas únicos do MBT" desde as zonas acotadas para o público.

O alcalde incidiu en que o Concello achega un total dun millón de euros na cita anual que converte a Vigo no centro neurálxico da cultura urbana, mentres a Xunta e a Deputación de Pontevedra seguen sen destinar un só euro, xa que “todo o pon a cidade de Vigo”.

Descargar todas as imaxes