O alcalde garante o seu apoio "permanente" á Policía Nacional na presentación dos 117 novos axentes de Galicia
Abel Caballero garantiu o seu apoio permanente como alcalde de Vigo aos cento dezasete policías e inspectores da Policía Nacional en prácticas que este martes protagonizaron o acto de presentación organizado na Porta do Sol de Vigo. Ante o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o subdelegado en Pontevedra, Abel Losada, e os mandos policiais galegos, o rexedor recalcou o seu respaldo "porque sei da dificultade do voso traballo e da necesidade de sentir que a sociedade vos apoia". Reiteroulles a súa felicitación, "respecto e afecto" polo traballo que realizan para garantir a seguridade da cidadanía.
Descargar todas as imaxes