O goberno reproba aos cargos electos do PP por restar a Vigo 50 millóns de aportacións do Estado
O grupo municipal socialista reprobou hoxe a actuación dos representantes electos do PP “por actuar en contra dos intereses xerais da cidadanía de Vigo e por xerar a perda de recursos públicos para o Concello por un importe de 50 millóns de euros”.
O concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, afirmou que os últimos acordos adoptados polos representantes do PP no Congreso e no Senado prexudicaron “unha vez tras outra os intereses” da cidadanía de Vigo, ao provocar a perda de 50 millóns de ingresos de recursos públicos como consecuencia de rexeitar o teito de gasto proposto polo Goberno e por bloquear a aprobación do marco global de gasto nas administracións públicas. "Votan non a Galicia, que perde 422 millóns de euros e votan non a Vigo que non recibe 50 millóns polo voto da semana pasada", afirmou.
Aneiros asegurou que esta decisión deixa en evidencia que ao PP moléstalle que a “economía vaia ben co PSOE”, e que os cargos electos populares tratan de salvar a Alberto Núñez Feijóo situándose coa oposición de Ayuso ao Goberno de España. Tal e como explicou opoñense tamén a que "as comunidades conten con máis diñeiro para asumir as súas competencias". “Ao PP moléstalle que a economía española funcione co PSOE, co empleo en niveis históricos e coa calidade de vida como nunca se ten feito”, recalcou Aneiros.
"Queren prexudicar ao goberno desta cidade impedindo que reciba 50 millóns de euros do Goberno do Estado", incidiu
Liderado en pago a provedores
Vigo repite liderado entre as 50 primeiras cidades de España no prazo de pago a provedores, con 7,5 días de abono de facturas fronte aos 139 de Ourense, os 92 de Santiago de Compostela ou a falta de datos do concello de Ferrol. Así o detallou este luns o concelleiro responsable de Orzamentos e Facenda .
Jaime Aneiros indicou ao pleno da corporación que no segundo trimestre de 2024 o Concello realizou 1.611 pagos que se suman aos 1.224 do primeiro trimestre.
“A estas alturas do ano xa están executados 70 millóns de euros que foron para atender ás necesidades dos vigueses, como as bolsas de libros e comedor, entre outras”, recalcou o edil.
Jaime Aneiros incidiu en que o goberno de Vigo segue a estratexia de “mellorar a economía, de solvencia e de xestión” , en contraste coa situación que se rexistra noutras grandes cidades de Galicia.