Escoitar

O Grupo Socialista esixe á Xunta manter a aula de 4º de Infantil no CEIP Balaídos

A moción socialista reclamou á Consellería de Educación que non peche a aula de 4º de Infantil do CEIP Balaídos e pide que a Xunta non se ampare na crise demográfica como xustificación para non manter aulas ou centros educativos. O pleno tamén instou á Xunta a incrementar os recursos humanos adicados á especialidade de saúde mental na Área Sanitaria de Vigo.

luns, 29 xul 2024

O Pleno da Corporación esixiu á Consellería de Educación que non peche a aula de 4º de Infantil do CEIP Balaídos e que manteña a dobre liña educativa, tal e como se ven desenvolvendo ata agora. A concelleira de Educación, Olga Alonso, defendeu “dotar de maiores recursos humanos e económicos as escolas, como premisa de calquera goberno”, e lamentou “que non sexa así para o goberno da Xunta do Partido Popular, que utilizan a baixada da natalidade como escusa para suprimir aulas, pechar colexios e desmantelar a rede pública educativa”. O Grupo Socialista e o Grupo do BNG votaron a favor, mentres que o PP votou en contra.

Saúde mental na Área Sanitaria de Vigo

Tamén no pleno do mes de xullo o Grupo Socialista instou á Xunta a incrementar de forma inmediata os recursos humanos na especialidade de saúde mental na área sanitaria de Vigo. A tenente alcalde e concelleira Elena Espinosa defendeu que “as persoas que demanden asistencia sanitaria nesta especialidade sexan atendidas baixando os cocientes de espera”. Espinosa criticou que haxa esperas “de ata 6 meses de media en Galicia”.

Descargar todas as imaxes