Abel Caballero: “Comezamos a montaxe da iluminación do Nadal”
Vigo comeza a instalación da montaxe para as luces de Nadal. Abel Caballero asistiu ao acto simbólico de colocación do primeiro motivo do Nadal onde invitou a á cidadanía a visitar á cidade: “Toda España vai querer vir a Vigo”. O Nadal 2024-2025 alumeará 420 rúas con 11,5 millóns de luces led.
Vigo comeza a instalación da montaxe das luces de Nadal. Abel Caballero achegouse ao acto simbólico de colocación do primeiro motivo do Nadal e que da paso ao alumeado de 420 rúas con 11,5 millóns de luces led.
O alcalde deu conta dos novos motivos que decorarán as rúas de Vigo, con 4.000 arcos de luz, obxectos luminosos, máis de 2.500 árbores alumeados e “a árbore máis alta do mundo na Porta do Sol, cuns 50 metros, aproximadamente”. O Concello programará tamén os trens do turísticos do Nadal e “máis sorpresas”, tal e como declarou ante os medios de comunicación.
Caballero fixo un chamamento á cidadanía de España e Portugal: “Que todo o mundo veña a Vigo, que se preparen porque todo o mundo vai querer vir a Vigo”. O rexedor lembrou que Vigo marcou unha cultura do Nadal, que agora comeza cando comeza en Vigo, en novembro, e remata a mediados de xaneiro. "Gústame que o resto das cidades tamén teñan Nadal e que o teñamos convertido desde Vigo nun tempo de ocio”, dixo para felicitar aos que se suman a esta festa.
O ano pasado Vigo rexistrou 6.000.000 de visitas durante o Nadal, unha cifra récord e que o alcalde considera “que hai que ir a grandes territorios turísticos para ver cifras deste nivel, e aí estamos nós”.
“Gústanos que os visitantes sexan felices e o pasen ben, querémosvos”, concluíu.