Caballero: "O Petisquiño contribúe a converter a Vigo en referencia turística"

martes, 7 nov 2023

Abel Caballero participou este martes, xunto cos responsables da Federación de Empresarios de Turismo e Hostalería de Pontevedra, a novena edición do concurso de tapas “Petisquiño” que se celebrará en 37 locais de Vigo entre os días 10 e 26 de novembro. O Concello patrocina unha competición que afianza á cidade como referente turístico de Galicia, segundo o rexedor. “Isto é máis que un concurso, é unha mostra da nosa capacidade de xerar restauración e atracción”, afirmou.

O goberno local aproba os Orzamentos de 2024 cun importe de 317 millóns de euros

martes, 7 nov 2023

O alcalde deu conta da aprobación en Xunta de Goberno do Proxecto de Orzamentos 2024 que ten un importe de 316.636.310 euros, o máis alto da historia: “Temos mellores e máis inversións que nunca, débeda cero, unha presión fiscal baixa e bonificacións nas taxas. Teremos o 17 orzamento consecutivo aprobado en tempo e forma”, anunciou. Nas contas figura unha partida de 7.700.000 euros para a nova Avenida de Madrid.

Caballero coloca a primeira pedra da humanización integral da rúa Teixugueiras, en Navia

luns, 6 nov 2023

O alcalde, acompañado polas concelleiras Elena Espinosa e María Xosé Caride, colocou este luns a primeira pedra das obras de humanización da rúa Teixuguerias, desde Lamelas ao acceso peonil a Navia pola estrada VG-20. Anunciou que o Concello, unha vez finalizada, no outono de 2024, a primeira fase das melloras, que abarca a metade da rúa, comezará de forma inmediata a segunda fase das obras. “Queremos ter todo Teixugueiras humanizado”, afirmou.

O Concello dedica un extenso programa á conmemoración do Día da eliminación da violencia contra a muller

venres, 3 nov 2023

Abel Caballero presentou este venres, coa primeira tenente de alcaldía, Carmela Silva, a concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, e coa presidenta do Consello Municipal da Muller e da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, Charo Otero, o programa organizado polo Concello desde o 8 de novembro ata o 2 de decembro con motivo do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres”.

O goberno local publica o bando coas medidas extraordinarias durante o Nadal

venres, 3 nov 2023

A partir do martes 7 de novembro ás 14 horas e ata o luns 15 de xaneiro non está permitida a celebración de eventos na vía pública salvo autorización municipal. As obras poderás autorizarse sempre e cando non interfiran coas instalacións e actividades previstas para o Nadal. Estas limitacións afectan ás rúas máis céntricas da cidade e teñen como obxectivo mellorar a mobilidade peonil e de vehículos durante a montaxe e celebración das festas.

O alcalde ofrece ao sector do metal o Formega para a nova formación dos traballadores

venres, 3 nov 2023

Abel Caballero e o secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, mantiveron unha charla sobre a situación do sector. Un dos temas da conversación foi "a boa marcha dos estaleiros, onde empézase a recuperar a actividade, pero continúa o problema da falta man de obra formada neste sector". O alcalde ofreceu o edificio municipal de FORMEGA, para impartir a nova formación, que contaría co financiamento de Europa. Tamén falaron do sector aéreo, "que marcha perfectamente". Enrique Mallón trasladoulle a invitación ao II Congreso Maritime Trends Summit, que se vai a celebrar proximamente na cidade.