venres, 10 nov 2023
O rexedor sinalou que "a PassVigo ten un formato en físico moi recoñecido, e agora estamos desenvolvendo a súa incorporación aos teléfonos móbiles". A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a prórroga do CEDRO por 789.267 euros.
xoves, 9 nov 2023
Abel Caballero e a concelleira de Educación, Olga Alonso, explicaron este xoves aos 50 alumnos de cuarto de primaria do Ceip Pintor Laxeiro, a importancia do traballo que desenvolve o Concello para propiciar o benestar dos vigueses. A visita enmárcase no programa "Visita o teu Concello", creado para achegar o Concello e o funcionamento da administración local ao estudantado.
xoves, 9 nov 2023
O alcalde mantivo unha xuntanza coa directiva do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia na que intercambiaron opinións sobre a industria do deporte na cidade. Caballero salientou esta actividade, “que es transversal, compacta e iguala a cidade” e lembrou que o goberno local “adica total axuda e apoio con moitos recursos” ao deporte. O rexedor e o Clúster do Deporte seguirán na cooperación para exportar o “Modelo Vigo” a outras vilas da cidade.
xoves, 9 nov 2023
Abel Caballero anunciou que “o Nadal no mundo comeza o 24 de novembro ás 20:30 horas”. O alcalde acudiu ao inicio da montaxe da árbore de Nadal, que baterá o récord de altura, con 44 metros, e terá espectáculo musical diferenciado entre o cono e a estrela. Este último elemento pasará a ter 19 metros, 17 máis que o ano anterior. Vigo alumeará 450 rúas con 6.000 estruturas de iluminación e 4.000 arcos e motivos de Nadal. “Temos a árbore de Nadal máis importante do mundo”, declarou.
xoves, 9 nov 2023
O Concello superou o pasado mes de outubro o millón de euros en Axudas de Emerxencia, segundo comunicou Abel Caballero. O albergue municipal conta con catro prazas libres.
xoves, 9 nov 2023
Abel Caballero anunciou este xoves que nos Presupostos de 2024 o goberno de Vigo destinará 7,5 millóns de euros a comercio e turismo, na senda de afianzar á cidade como un referente turístico nacional e de potenciar a todas as empresas dos dous sectores de actividade económica.
mércores, 8 nov 2023
Abel Caballero recibiu este mércores ao novo director rexional de Carrefour, Gabriel García Aparicio. O alcalde expuxo ao directivo o impacto que representa na economía de Vigo, tanto nos sectores do turismo como do comercio, a transformación da cidade como referente turístico nacional, especialmente durante todas as festas de Nadal. Na reunión participaron os concelleiros de Festas Especiais e de Comercio, Ángel Rivas e Ana Laura Iglesias.
mércores, 8 nov 2023
Abel Caballero anunciou este mércores a “substancial” subida do orzamento destinado aos deportes de Vigo para 2024. Explicou que cunha asignación de 18 millóns, as novas contas rexistran un incremento de 3,5 millóns de euros, que representan un ascenso do 25 por cento con respecto ás de 2023. “O máis importante orzamento de axuda ao deporte que houbo nunca na historia da cidade”, afirmou o alcalde
martes, 7 nov 2023
O rexedor mantivo unha xuntanza con Luciano González Alfaya na Alcaldía na que lle mostrou a nova relación de membros da directiva colexial, tras as eleccións estatutarias para a renovación dos órganos directivos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
martes, 7 nov 2023
O alcalde achegouse este martes ao inicio da instalación da iluminación na rúa do Príncipe e avanzou que o acendido do “mellor Nadal do mundo” será arredor do 23 de novembro.