Caballero felicita ao celtismo polos 100 anos de historia

mércores, 23 ago 2023

O alcalde felicitou ao celtismo polo centenario da fundación do Real Club Celta de Vigo. "Son 100 anos de historia, bo fútbol, éxitos e estamos moi orgullosos. Levamos as cores do celtismo con entusiasmo, paixón, agrado e aí seguiremos", declarou Abel Caballero neste 23 de agosto. "Hoxe somos unha afección e un club centenario".

O alcalde entrega o recoñecemento de Viguesa Distinguida a María Castro

xoves, 17 ago 2023

A actriz recolleu a placa nun acto no Pazo de Castrelos. Abel Caballero louvou o papel de Castro “tanto no profesional como no persoal por levar Vigo no corazón”. Caballero destacou o seu papel na serie “La promesa” de RTVE e toda a súa traxectoria artística. María Castro recibiu a distinción de Viguesa Distinguida emocionada e rodeada de familiares e amigos.

Abel Caballero visita a montaxe das instalacións de O Marisquiño en Samil

xoves, 10 ago 2023

O rexedor acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e os organizadores do evento, achegouse esta mañá ata a zona de Samil, onde este ano se instalarán cinco probas do festival O Marisquiño. O alcalde puido falar cos primeiros deportistas que xa están na cidade para participar no evento que se desenvolve na cidade o 11, 12 e 13 de agosto. "Moitos son deportes olímpicos e veñen a facer as súas marcas para participar nas Olimpiadas. Este evento supera as 100.000 personas. A afluencia é masiva na cidade. É o evento máis importante que se fai en Europa", declarou.

O Goberno Local amplia o horario dos socorristas en Samil e Argazada con motivo do Marisquiño

mércores, 9 ago 2023

Abel Caballero explicou hoxe que "os socorristas estarán dende as 11:00 da mañá, unha hora antes do habitual" debido a elevada afluencia que terá O Marisquiño en Samil. Ademais dende o venres a praia de Samil contará con 2 enfermeiras, dispositivo habitual só para as fins de semana. O rexedor sinalou que é unha medida máis "que realizamos dende o Concello para que a celebración do Marisquiño sexa un éxito".