Escoitar

Abel Caballero destaca a figura de Luísa Villalta na mostra organizada na Casa Galega da Cultura

Abel Caballero e a delegada da Área de Cultura, Carmela Silva, participaron hoxe na inauguración da mostra sobre Luísa Villalta, organizada pola Fundación Penzol na Casa Galega da Cultura, para mostrar a vida e a obra da autora deste ano no Día das Letras Galegas. O alcalde destacou a figura da escritora, ensaísta, filóloga e violinista, e a importancia de ser unha das poucas mulleres homenaxeadas na celebración do 17 de maio.

mércores, 22 mai 2024

O acto de apertura da mostra sobre Luísa Villalta, que pode visitarse ata o 29 de agosto na Casa da Cultura Galega, contou coa presenza da súa nai e da súa irmá, Susana Villalta, dos presidentes da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e da Fundación Penzol, Manuel Puga Pereira, así como da secretaria desta última institución, Malores Villanueva, e do ensaísta e poeta Xesús Alonso Montero. Caballero destacou a achega realizada por todos á cultura galega e á súa difusión. “Estades facendo cousas marabillosas, extraordinarias”, afirmou.

O rexedor expresou a súa admiración pola forma de entender a literatura e a música de Luísa Villalta.

A mostra, de carácter divulgativo, está vertebrada por catro paneis coa vida e obra de Villalta, así como por tres vitrinas onde se exhiben corenta publicacións coa parte da súa obra pertencentes aos fondos da Biblioteca Penzol.

Descargar todas as imaxes