martes, 21 maio 2024

Caballero compromete o seu apoio ao PERTE do Naval na inauguración de Navalia

O alcalde acudiu á inauguración da Feira Internacional Navalia que converte á cidade de Vigo no epicentro do sector naval coa chegada de empresas e comerciais de máis de 75 países. Abel Caballero comprometeu seguir no apoio a esta actividade produtiva a través do PERTE que está a desenvolver o Goberno de España cos fondos europeos Next Generation EU. "Somos empresa, economía, emprego e produción... É o noso ADN". Amais, o rexedor afirmou que "a Xunta ten a man tendida para todo aquilo que sexa cooperación, son alcalde de Vigo, débome á cidade e o mellor é marchar na senda da construción". Caballero relatou que o naval "é o corazón de Vigo", onde comezou o proceso industrial na cidade. Deste xeito, pola súa historia e importancia ao día de hoxe, louvou á directiva de Navalia por seguir adiante coa feira e amosar ao resto de mundo que Vigo ten unha gran industria.

O Concello concede as últimas becas de libros e alcanza as 23.771 axudas por preto de 5 millóns de euros

martes, 21 mai 2024

O goberno municipal de Vigo aprobou na Xunta de Goberno do luns a concesión das últimas becas de libros ata alcanzar os preto de 5 millóns de euros en axudas ás familias, así como a prórroga para os dous próximos anos do programa “Visita o teu Concello”, e a licitación da iniciativa coeducativa “Camiña con nós pola igualdade”.

O alcalde convida á cidadanía a gozar o domingo en Castrelos dos actos do Bicentenario da Policía Nacional

martes, 21 mai 2024

O auditorio de Castrelos acollerá, a partir das 11 da mañá do vindeiro domingo 26 de maio, o acto organizado para conmemorar o Bicentenario da Policía Nacional. As exhibicións dos medios cos que este corpo das forzas de seguridade desenvolve o seu traballo cotiá, que vertebran o programa, foron presentadas este martes polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e co comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez.