sábado, 25 mai 2024
A Xunta de Goberno deu conta hoxe da extensión da rede de mallado para mellorar o servizo de auga en rúas de Beade, Lavadores, Teis, Sárdoma, Coruxo, Navia, Coia e no centro cun importe de case 900.000 euros
sábado, 25 mai 2024
Abel Caballero e a concelleira de Educación, Olga Alonso, visitaron esta mañá o CEIP de Sárdoma-Moledo. O director do centro e a xefa de estudos explicaron ao rexedor o funcionamento do colexio e percorreron as instalacións educativas
sábado, 25 mai 2024
O alcalde anunciou que a ópera encherá o auditorio de Castrelos o venres 9 de agosto, cun aforo de 2.500 cadeiras na platea.
sábado, 25 mai 2024
O Concello oferta máis de 240 prazas en campus para persoas con diversidade funcional. “Favorecemos a educación non formal, o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional e a conciliación familiar”, dixo o alcalde.
sábado, 25 mai 2024
O alcalde saudou este venres aos participantes na viaxe pola ría de Vigo a bordo da embarcación "Nautilus", integrada no programa municipal de avellantamento activo "Vigo, cidade amiga dos maiores". O programa está pensado para descubrir a riqueza dos fondos mariños a través das imaxes captadas na inmersión do dron submarino "Nemo", e das explicacións dos monitores especializados. Cada semana ábrese o prazo para anotarse ás viaxes da semana seguinte. Os interesados poden chamar aos números 600854260 e 649493797, da adxudicataria "Ocean Secrets", ou a través do servizo de información 010. Neste programa participarán 2.600 maiores de Vigo.