A Praza do Berbés contará cun novo parque infantil
Abel Caballero anunciou este xoves a reordenación da Praza do Berbés de Vigo, que inclúe a substitución da área deportiva por unha zona verde que contará cun novo parque infantil.
A Xerencia de Urbanismo aprobará, na reunión convocada para o vindeiro martes, a modificación do uso dotacional dunha parcela municipal situada na Praza do Berbés. Pasará de uso deportivo a zona verde e contará cun novo parque infantil urbano.
“Pídennolo os veciños, e, por tanto, imos catalogar o espazo deportivo como zona verde”, explicou o alcalde. Abel Caballero indicou que a área onde se atopa nestes momentos o parque ordenarase para “o uso e goce de todos os cidadáns do Casco Vello e de Vigo”.