Vigo rexistra un abril con récord de turistas
O alcalde deu conta dos datos de turismo publicados polo INE nos que Vigo rexistrou os mellores datos da serie histórica nun mes de abril. Destaca tamén a recepción de viaxeiros internacionais cunha suba do 13%.
Vigo rexistrou o récord de viaxeiros nun mes de abril. Abel Caballero deu conta dos datos de turismo nos que o INE cifra unha suba de 1,4% sobre abril do ano anterior. Cabe destacar a suba dos viaxeiros estranxeiros, que medraron nun 13%. Amais, o turismo internacional tamén bateu récord nas pernoctas, cunha suba do 5,6% con respecto ao mesmo mes de 2023.
“O turismo é xa unha clave económica e social da cidade de Vigo”, concluíu o rexedor.