Escoitar

A Coral Casablanca subirá ao escenario de Castrelos o 20 de xullo

O alcalde anunciou a actuación terá 2.500 cadeiras na platea para as que a entrada será libre ata completar aforo. A Coral Casablanca é “un concerto tradicional” que cada ano se suma ao programa de Vigo en Festas no Auditorio de Castrelos.

mércores, 22 mai 2024

A Coral Casablanca subirá ao escenario do Auditorio de Castrelos o sábado 20 de xullo para celebrar o seu concerto “tradicional”, tal e como o definiu o alcalde. A coral viguesa, con máis de 130 voces mixtas, é un evento que forma parte da programación de Vigo en Festas cada ano.

O concerto da Coral Casablanca terá 2.500 cadeiras na platea de acceso libre ata completar aforo. O resto de público poderá gozar da actuación desde o resto do anfiteatro.

A Coral Casablanca fundouse no 1957 no Convento dos Pais Capuchinos do barrio vigués co mesmo nome. É a máis laureada de Galicia e a máis antiga en activo da cidade. O coro ten sido premiado e recoñecido nunha vintena de ocasións e ten actuado en Galicia, Portugal, Asturias, Euskadi, Aragón, Castela e León, Canarias, Cataluña, Madrid, Bélxica, Francia e Alemania.

Cabe destacar os concertos que deu no Palau da Música de Barcelona, a Catedral de Bruxelas con motivo da Europalia 85, o Teatro Comunale de Estrasburgo, a Catedral de L’Orient, así como outros tantos escenarios de toda España.

A Coral Casablanca súmase ao resto de cartel que xa ten confirmadas as actuación de Dani Fernández (13 xullo), Luis Fonsi (23 xullo), Sen Senra (25 xullo), Luz Casal (2 agosto), UB40 (7 agosto), Víctor Manuel (14 agosto), Melendi (17 agosto).

Descargar todas as imaxes