Vigo estudará e formará sobre violencia vicaria con catro expertas na materia
O Concello organiza unhas xornadas o 29 e 30 de maio coa participación de Teresa Paramato, Inmaculada Poveda, Ana Bernal e Marisa Soleto, expertas na violencia de xénero. “A violencia vicaria é unha das consecuencias máis graves da violencia de machista”, afirmou a tenente de alcalde e delegada da Área de Igualdade, Carmela Silva.

Vigo acollerá unhas xornadas contra a violencia vicaria o mércores 29 e o xoves 30 de maio na Sala de Conferencias da sede de Afundación cun panel de catro expertas co obxectivo de reforzar e definir as actuacións para loitar contra “esta violencia tan dramática”.
O termo de violencia vicaria naceu no ano 2012 para referirse aos fillos e fillas asasinados polos pais para ferir ás mulleres. No que vai de ano 2024, foros asasinados 7 menores. Carmela Silva, tenente de alcalde e delegada da Área de Igualdade, puxo de releve a importancia destas conversas e de participar nelas: “Hai que falar desta realidade de violencia, con medidas de sensibilización e poñer os recursos que nos permitan loitar contra a violencia vicaria, así como protocolos de actuación e poñer en marcha servizos que nos permitan protexer e reparar ás vítimas”.
A edil de Igualdade, Ana Laura Iglesias, deu conta do panel de expertas que participarán nas xornadas, que comezan o día 29 coas intervencións de Ana Bernal, doutora en Xornalismo, escritora e profesora da UOC. Experta en violencia de xénero e os entornos dixitais e as tecnoloxías; e Inmaculada Poveda, avogada experta en violencia de xénero e membro da directiva da Asociación de Mulleres Xuristas Themis. Ao día seguinte, a partir das 17 horas, intervendrán Teresa Perameto, fiscal de Sala Delegada de Violencia sobre la Mujer; e Marisa Soleto, Directora da Fundación Mujeres e membro do Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero.
As charlas están orientadas para profesionais xurídicos, sanitarios, forzas e corpos de seguridade, persoal de ámbito social e institucional, medios de comunicación e cidadanía en xeral.


