Escoitar

Vigo recibe o premio á Sustentabilidade Ambiental na Sociedade

Abel Caballero desvelou a recepción do recoñecemento outorgado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

xoves, 16 mai 2024

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia recoñece á cidade de Vigo co galardón á Sustentabilidade Ambiental na Sociedade. O xurado recoñece a xestión sostible e integrada dos residuos municipais de Vigo e a súa valoración dentro do marco europeo de estratexia de economía circular.

O premio valora o compromiso do Concello coa sustentabilidade ambiental dos servizos municipais, que como indican o rexedor, “abarcan a xestión de residuos, limpeza de rúas, limpeza de praias e o mantemento de contedores e papeleiras”. Tamén destaca a mellora da frota de vehículos, fixándose en tres aspectos principais: contaminación acústica, atmosférica e consumo de auga.

Descargar todas as imaxes