Abel Caballero achégase ao traballo da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares
O alcalde e a concelleira de Política Social reuníronse hoxe co presidente, traballadores sociais, e usuarios da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, ASEM, para coñecer as instalacións do centro, así como as actividades que desenvolven en Vigo. Abel Caballero e Yolanda Aguiar foron informados do traballo desenvolvido na cidade por unha organización que celebra este ano 30 anos de actividade e de atención ás persoas con afeccións neuromusculares.


