O Auditorio Municipal acolle o 8 de xuño a representación da obra de teatro "Síbaris" de Domingo Villar
O Auditorio Municipal acollerá ás 21.00 horas do sábado 8 de xuño a representación de “Síbaris”, a primeira obra teatral do desaparecido escritor Domingo Villar. Vigo, cidade natal do autor recoñecido co título de Vigués Distinguido, pecha a xira galega da compañía de teatro Condetrespés.
O alcalde anunciou hoxe que o Auditorio Municipal de Vigo será o esceario, o día 8 de xuño, da última representación nas principais cidades de Galicia da obra de teatro “Síbaris”, do vigués Domingo Villar. Recordou que a compañía de teatro “Condetrespés” adaptou a obra do recoñecido autor.
Abel Caballero recordou que a compañía de teatro “Condetrespés” adaptou a obra do escritor recoñecido co título de Vigués Distinguido.
O rexedor destacou a participación na representación dos actores Carlos Blanco e Belén Constenla, así como do músico Pablo Novoa.
As entradas estarán á venda o vindeiro martes 21 de mayo cun prezo de 8 euros. Poderán adquirirse de forma telemática na web www.giglon.com, de forma presencial na librería Libros para Soñar, e unha hora antes da representación na taquilla do Auditorio Municipal .