Escoitar

Luz Casal, sétima confirmación do “Vigo en Festas 2024”

Abel Caballero desvelou esta mañá que o venres 2 de agosto, Castrelos albergará a actuación da “conocidísima artista galega”.

xoves, 16 mai 2024

Luz Casal chegará a Vigo dentro da súa xira de presentación do seu novo álbum `Las ventanas de mi alma’, na que “combina o rock e os sons máis clásicos”, explicou o rexedor.

Abel Caballero sinalou que “é unha das solistas máis valoradas da música española”, destacando que ao longo da súa dilatada traxectoria conta con “máis de 6 millóns de discos vendidos”.

Dende a década dos oitenta acumula numerosos éxitos, con recoñecementos como: o premio Rolling Stone por unha vida dedicada ao rock (2011); o Grammy Latino honorífico (2012); o premio Nacional de Músicas Actuais (2013)e o Ondas á súa traxectoria (2022). Deu o salto ao panorama internacional, especialmente en Francia, sobre todo tras incluírse dous temas seus na película `Tacones lejanos’, de Pedro Almodóvar.

Co concerto da galega, xa van sete confirmacións para este verán:

  • Dani Fernández (13 de xullo)
  • Luis Fonsi (23 de xullo)
  • Sen Senra (25 de xullo)
  • Luz Casal (2 de agosto)
  • UB40 (7 de agosto)
  • Víctor Manuel (14 de agosto)
  • Melendi (17 de agosto)
Descargar todas as imaxes