Escoitar

O Concello facilitará o acceso á vivenda a familias e persoas vulnerables

O alcalde anunciou este xoves que o Concello iniciou a contratación dun servizo de acompañamento social para que intermedie na xestión do alugueiro de vivendas a persoas vulnerables. “Temos que facilitar o acceso á vivenda cunha bolsa de inmobles a estas persoas”, afirmou Abel Caballero.

xoves, 16 mai 2024

Abel Caballero avanzou hoxe que ante a falta de iniciativa da Xunta para proporcionar vivendas a familias e persoas vulnerables, e despois do bo resultado do proxecto piloto posto en marcha en novembro de 2023 no que a ONG Provivienda encargouse de buscar 5 pisos para alugueiro social nunha situación de emerxencia, o Concello decidiu iniciar o proceso para contratar a unha entidade que mediar na consecución dunha residencia a cidadanía sin recursos.

O rexedor, tras adiantar a decisión do goberno local de sacar a concurso público o contrato para que se presenten entidades, explicou que se trata de que a seleccionada ocúpese de buscar as vivendas, de intermediar para o alugueiro, cubrir o aval, contar cun seguro multirriesgo para solucionar problemas ocasionais, e realizar o seguimento das familias e de como se responde a todo o proceso do alugueiro.

O concurso público para entidades sen ánimo de lucro conta cun dotación de 100.000 euros anuais e unha vixencia de 3 anos.

“O obxectivo é moi claro: proporcionar vivendas en alugueiro a familias vulnerables e dado que a Xunta non o fai, de novo imos facer desde o Concello de Vigo. De novo ocupando e facendo a política social que a Xunta non quere realizar”, afirmou Caballero.

Navia

O alcalde tamén indicou que o Concello vai iniciar o procedemento do reparcelamento do polígono 1 do Plan Parcial de Navia para solucionar “un problema que xerou a Xunta” na tramitación do plan, xa que o Instituto Galego de Vivenda expropiou os terreos sen proceder a reparcelarlos. “Cando o Concello reclamou as parcelas libres de cargas para inscribilas no Rexistro da Propiedade da Xunta descubriuse que o IGVS non realizara este reparcelamento e non se podía levar adiante a inscrición e, por tanto, do uso do chan”, indicou o alcalde.

Descargar todas as imaxes