Escoitar

O goberno local organiza unha ampla programación durante o Festival TAC!

Amais da construción do pavillón efémero en Porta do Sol, o Concello programará distintas actividades en torno á arquitectura desde o 13 de xuño ata o 14 de xullo.

luns, 20 mai 2024

A Xunta de Goberno aprobou a programación do Festival TAC! de Arquitectura Urbana que se desenvolverá en Vigo, como sede elixida polo Ministerio de Vivenda do Goberno de España, entre o 13 de xuño e o 14 de xullo. O pavillón efémero da Porta do Sol estará cheo de actividades en torno á arquitectura que tamén se estenderán á sede do Colexio de Arquitectos.

Segundo explicou o alcalde, a programación está pensada para todo o público, e entre as actividades destacou as xornadas de igualdade na arquitectura, cine, celebración do X aniversario dos murais de Vigo, unha batalla mural, etc.

Amais, haberá obradoiros de xardinería, de arte urbano, construción de elementos de Nadal, actividades musicais e de podcast, teatro, danzar urbana e tradicional, danza para maiores, mesas redondas e exposicións.

Descargar todas as imaxes